Probas rápidas VIH

 

Roberto Artabe denuncia a realidade moi outra que acontece na nosa cidade. En Ferrol, as asociacións que a realicen   terán que  custear  de maneira íntegra o custo do reactivo para a realización da devandita proba  sobre o virus de inmunodeficiencia adquirida.  Hai que salientar que os custos da proba rápida non se cinguen só o feito físico da realización da proba, porque o proceso esixe contar cunha persoa que dea a información e o asesoramento no proceso  (  counselling VIH, ou o soporte psicosocial ás persoas que realizan a devandita proba rápida ). Para nada disto contempla a Consellaría dotar económicamente o programa

 

Non semella moi ético presumir diante dunha medida na que a Consellaría de Sanidade non fai nada, e que recae de maneira integra nas entidades  que están a desenvolver, cunha crónica precariedade de medios materiais e de plantilla, unha loita  sanitaria e social de primeira magnitude.

 

A Xunta do PP volve a retratarse ao atribuírse unha medida da que non ten mérito algún e para a que non dispón un só euro. A Xunta do PP expresa pola vía dos feitos, non no fume mediático,  o seu verdadeiro desinterese polo afortalamento do sistema público de saúde galego e a súa aposta pola concepción da saúde pública como unha oportunidade de negocio privado.

 

Pilar Farjas tenta reducir un dereito fundamental recollido na Constitución e no Estatuto nunha mercaduría. O noso Grupo quere denunciar esta situación.

Relacionados