marcelino camacho

Campaña Marcelino Camacho

 

 

Camacho, dirixente obreiro e comunista, defensor da liberdade e dos dereitos dos traballadores e traballadoras, dedicou toda a súa vida á conquista dunha sociedade máis xusta e solidaria. Tanto na guerra como no exilio, na ditadura ou na liberdade sempre loitou xunto aos traballadores e traballadoras.

A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras. Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter. En 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987. Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudiantís do curso 86/87. En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista.

Dende o mes de novembro Esquerda Unida está a desenvolver unha campaña nos concellos galegos para que se recoñeza a importancia de Marcelino Camacho a través da adxudicación dunha rúa ou praza.

Asemade, EU tamén propón nas mocións que se de traslado dos acordos plenarios ao sindicato CCOO e aos familiares do dirixente obreiro para que teñan coñecemento do tributo que lle brinda a cidadanía galega.

A campaña para o recoñecemento do líder sindical máis importante do século XX en España xa ten rexistradas mocións en diversos concellos galegos como Vigo, Compostela, A Guarda, A Coruña ou Cambre e seguirá desenvolvéndose durante os próximos meses.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

Relacionados