Caso Someso

Esquerda Unida considera que o arquivo de dilixencias do caso Someso non se debe a por por que non exista delito senón pola maneira en que o goberno municipal o remitiu á fiscalía. Tan so é necesario observar como o PP achega a información a fiscalía de delitos medioambientais, cando se trata dunha trama de índole urbanístico para o que hai unha fiscalía especializada nestes temas.

Semella indaudito que se pretendan achacar a erros administravios os 19,2 millóns de euros de perda patrimonial do concello que desencandearon as sucesivas eivas no que saíron favorecidos promotores como Fontenla así como diversas familias coruñesas que obtiveron beneficios millonarios, uns vendendo terreos que xa eran do concello outros, permutando terreos co ente municipal grazas a erróneas interpretacións de convenios por parte do Concello. Así, a interpretación errónea do Convenio coa familia Yordi Catoira supuxo unha perda de 7 millóns de euros para as arcas municipais ao permutar terreos por valor de 4,6 millóns contra terreos do Concello valorados en 11,6 millóns. Asemade o Concello pagou indebidamente o IVE correspondente a esta permuta, o que supuxo outros 740.000 € de agasallo aos poderosos. Tamén resulta paradigmática a interpretación do contrato asinado cos Herdeiros Bermudez Paz polo que o Concello deixo de percibir 2,4 millóns de euros polo incremento de edificabilidade da parcela dende a súa ocupación. Asemade produciuse outra eiva millonaria coa perdida por conversión do aproveitamento libre en VPO de 1,1 millóns de euros.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “A actuación da fiscalía ven a confírmar o que xa denunciaramos con anterioridade. O PP mandou redactar un informe xurídico coa intención de que se archivase o caso. A fiscalía basea a súa decisión, na imposibilidade de individualizar responsabilidades, algo do que, como xa indicamos na propia sesión plenaria, pódese facer en base a unha nova investigación departamental, polo que esixíamos individualizar responsabilidades investigando as liñas que quedan pendentes de desenvolver non informe.

Asemade, nos antecedentes de feito a fiscalía indica textualmente “Examinado el contenido de dichos informes, y la documentación que con ellos se acompañan, se puede comprobar cómo en los mismos no se hace referencia a hechos concretos y no se realiza imputación penal alguna. Más aún, ambos informes concluyen que no ha habido enriquecimiento de ningún funcionario o cargo público (sin que se dé razón alguna de por qué se llega a esta conclusión)”. Efectivamente o informe indica que “non se deduce, do expediente administrativo examinado, que existira enriquecemento de ningún funcionario o cargo público”, pero iso é algo lóxico xa que o expediente é administrativo polo que non aparecen datos patrimoniais dos implicados, popr iso demandamos que se estudasen os incrementos patrimoniales para determinar si houbo o non enriquecemento”.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a hipócrita actuación do goberno local no caso Someso ven a demostrar o pacto tácito entre PP e PSOE para evitar que se depuren responsabilidades.

Relacionados