Comisión de investigación

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, presentará mañá xoves no rexistro do concello unha petición ao pleno para artellar, de acordo co artigo 51 do regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo, a creación dunha comisión especial de investigación da licitación e seguemento dos contratos públicos relacionados coas empresas CESPA, EIRIÑA e en xeral as relacionadas coas humanizacións.

EU considera “infame” o silencio do alcalde e lembra que se a operación efectivamente é xudicial a responsabilidade de informar de que contratos e procedementos administrativos están en investigación é do alcalde como presidente da corporación local.

EU cree preciso aplicar o ARTIGO 51 do regulamento do pleno no tocante ás COMISIÓNS ESPECIAIS que permite “constituír, en calquera momento, para un asunto concreto co fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

Esta comisión debería elaborar un informe que veña a dar luz e taquígrafos sobre os procesos de elaboración de pregos, adjudicación e mesmo se realmente realizouse un seguemento das contratacións públicas outorgadas ás empresas que figuran no centro das investigacións xudiciais e por extensión en todo o proceso de adjudicación de obras contidas nos plans de humanizacións dende 2011.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que esta comisión pode ser proposta pola alcaldía ou dun so grupo municipal e a súa aprobación require de mayoría absoluta.

Esta comisión contaría tamén, tal e como recolle o regulamento, coa presenza de persoal do Concello que participara directa ou indirectamente na elaboración ou aprobación dos plegos.

EU non entende outro xeito de aclarar ante a cidadanía o sucedido que unha transparencia total e pública, así como o traslado ao pleno como o único vehículo de democracia local.

Relacionados