Compensación por cortes de auga

 

A nosa organización efectuará esta reclamación co obxectivo de que se compense a toda a cidadanía afectada.

 

Os trastornos e perdas ocasionados con motivo da pésima planificación e a neglixente supervisión do Goberno Municipal teñen que ter unha compensación, asemade da garantía acerca da súa non repetición en ulteriores cortes. Esquerda Unida reclamará que se practique a rebaixa correspondente en todos os recibos das e dos abonados, con independencia que teñan reclamado ou non ao concello. Pedímoslle o Goberno que sexa esixente coa empresa e non ceda a tentación de deixar pasar esta situación sen defender os intereses da nosa veciñanza. Non cabe alegar, no colmo do descontrol, que a empresa concesionaria descoñeza a veciñanza afectada. É un deber que lle corresponde.

 

“O exercicio da nosa condición de cidadás supón defender os nosos dereitos e non aceptar pasivamente o mal quefacer do Goberno e empresa concesionaria” salienta Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal. Nese senso, a proposta de Esquerda Unida busca exercer esa condición de cidadanía e demandar do Goberno e a concesionaria tanto a eficacia canto a eficiencia no avenir.

 

Esquerda Unida entende necesario resarcir ás abonadas e abonados das rúas afectadas polos cortes descontrolados que sucederon días atrás. Será un bo exercicio de respecto aos nosos dereitos, que non se nos cobre por un servizo que non se prestou nas condicións debidas.

 

Relacionados