Lavadoiro de Canido

 

Unha maleza que crece sen a atención precisa por parte da empresa concesionaria deste servizo  do concello, o deterioro dos xogos do pequeno parque infantil situado nesa área, o peche perimetral roto e con puntas que ameazan a calquera persoa, e máis ás nenas e nenos que xogan nel,  e finalmente a suciedade  e restos dispersos espallados por todo o lavadoiro e que producen unha pésima impresión de conxunto.

 

Esquerda Unida chama a atención do Goberno Municipal acerca do abandono no que a ineficacia da xestión  gubernamental produce nestes espazos cidadás, coas consecuencias que se derivan dela: perda de visitantes e usuarios destes espazos e incluso riscos producidos polo descoido do Goberno Municipal, que ten que velar polo seu mantemento, limpeza e bo estado. A veciñanza non vai empregar estas áreas se sofren un descoido evidente por parte dos responsables municipais.

 

Cantas fontes e lavadoiros distan de se atopar nas condicións axeitadas de mantemento e limpeza, pregúntase este Grupo Municipal e pregúntallo ao seu encargado, ao Goberno Municipal.

 

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclámalle ao Goberno que proceda de inmediato a facer un seguimento en tempo real da situación das fontes e lavadoiros da cidade e dos espazos de lecer asociados a estas para garantir o seu bo estado de conservación e limpeza, de xeito que sexan o que sempre foron para a nosa veciñanza: espazos de ocio e lecer e un ámbito privilexiado para a relación social.

 

A Voceira do Grupo  esixe ao Goberno Municipal a elaboración dunha programación de mantemento e limpeza que sirva para preservar o encanto e valor destas áreas para que sirvan como punto de encontro e lecer da nosa cidadanía.

Relacionados