Convocatoria manifestación 12S

 

Si rexeitas as medidas de axuste de goberno como o recortes sociais ou a reforma laboral, si pensas que os bancos, o poder financeiro e o económico están a explotar a maioría social, si chegar a fin de mes é para ti e os teus é unha quimera, en definitiva, si pensas que outro mundo non so é posible senón que é necesario. O domingo 12 de setembro as 12 h. tes unha cita ineludible na compostelá praza da Alameda para manifestarte, xunto con nos, a prol da folga xeral e dunha saída de esquerdas á crise. Participa, que nos oian, que saiban que vamos a loitar polo noso emprego e polos nosos dereitos.

 Manifesto Por unha saída de esquerdas a crise 

Polo emprego, polos nosos dereitos 

As medidas de axuste presentadas polo Goberno para saír da crise son un novo atropelo aos dereitos da clase traballadora, por iso expresamos o noso fondo rexeitamento: non fomos nós os causantes da crise, foron eles coa súa política especuladora e depredadora. Non temos nin debemos pagar as consecuencias da súa cobiza.

 

As medidas impostas son desequilibradas e inxustas. Constatan a rendición do goberno ante a ofensiva do neoliberalismo. E confirman a complicidade activa do goberno Zapatero cos mercados financeiros e a gran empresa. E todo isto contra os dereitos da clase traballadora e acelerando o desmantelamento dos servizos públicos e do estado do benestar.

 

Supoñen un despido máis fácil e rápido: acurtan os prazos de negociación e flexibilizan as súas causas, xeneralizase o despido de 20 días por ano traballado, e rebaixan, ademais, en 8 días máis, polo que, de feito, no despido obxectivo o que abonara o empresario serán 12 días por ano traballado, cun máximo de 12 mensualidades.

Xeneralizan os despedimentos improcedentes a 33 días por ano cun máximo de 24 mensualidades en lugar dos 45 días por ano cun máximo de 42 mensualidades.

 

Legalizan as oficinas privadas de colocación, con ánimo de lucro, dándolles poderes sancionadores contra as persoas desempregadas: as ETT`S van poder actuar en todos os sectores.

 

Inclúen medidas de flexibilidade interna e de fomento do uso da reducción de xornada.Amplíanse as causas de non-aplicación do réxime salarial, suspensión de contrato e reducción de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción.

 

Pero, sobre todo, son medidas que benefician ao capital e NON VAN CREAR EMPREGO, só procuran o beneficio empresarial, polo que a manifestación do día 12 de setembro é en primeiro lugar unha mobilización para loitar polo emprego, que sexa estable, digno, seguro e coa garantía de todos os nosos dereitos.

 

É unha mobilización contra unha política e unha filosofía que alentan un progresivo desmantelamento do modelo social, que se basea nun conxunto de dereitos irrenunciables para a cidadanía, prestados por institucións públicas, que teñen que ser protexidos e eficientemente xestionados. Para que os empregados públicos, día tras día, garantan o seu funcionamento, teñen que seren tratados con respecto polos gobernantes, que non poden seguir ignorando a xustiza das súas reivindicacións salariais e laborais, nin desprezando o dereito á negociación colectiva que lles asiste e que, de maneira reiterada,  se lles ven roubando.

ESQUERDA UNIDA reclama un modelo productivo de calidade, equilibrado e respectuoso co medio ambiente, baseado na mellora da formación e na participación e control democrático dos medios de producción, na potenciación da investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+I), na mellora da organización do traballo e en calidade do mesmo.

Nesta situación os traballadores e os sindicatos teñen razóns sobradas para contestar de forma firme e contundente, isto é, cunha Folga Xeral, a un Goberno que pretende debilitar á clase traballadora fronte á patronal que vé como son atendidas as súas demandas históricas. Por iso, só unha forte resposta dos traballadores e traballadoras, cun seguimento masivo da Folga Xeral, pode reorientar a situación actual e obrigar ó Goberno a retroceder e desistir das súas agresivas intencións.

 

A MANIFESTACIÓN DO DÍA 12 DE SETEMBRO en Santiago de Compostela é un apoio directo á Folga Xeral convocada polos sindicatos para o 29 de Setembro. Unha FOLGA XERAL que pretende ser unha mobilización de toda a sociedade para esixirlle ao Goberno un cambio de orientación na súa política que, conforme aos desexos dos sectores máis retrógrados do mundo empresarial, procura un modelo productivo insustentable, instalado na competividade, na precariedade e nos baixos custes laborais, no poder arbitrario do empresario e no deterioro da condicións de traballo, da saúde e a seguridade da clase traballadora.

Relacionados