Corcoesto. Extorsión aos veciños

· Os deputados parlamentarios acusan á Xunta de Galicia de ser “cómplice pasivo” co se apoio ao proxecto e destacan que Asturias rexeitou un proxecto similar e o Tribunal Supremo deulle a razón

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda a denuncia a actitude da Xunta de Galiza en relación ao proxecto de extracción de ouro da empresa mineira Corcoesto SL (*) que aseguran é un intento de estafa e extorsión aos veciños do que o Goberno galego é “cómplice pasivo”.

Os propietarios dos terreos onde se pretende realizar o proxecto están a recibir unha carta da empresa instándoos a vender os terreos por 1,2 euros por metro cadrado, e ameazándoos con que se non o fan así antes de fin de ano, comezaría o proceso expropiatorio e obterían prezos máis baixos.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda considera moi grave estas actitudes e critica que dende a Xunta de Galicia se avale este tipo de proxectos, tolerando pasivamente que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión e a chantaxe a través de cartas intimidatorias intolerables.

Os deputados parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que “a misiva é un cúmulo de falsedades, dende a valoración do terreo, até o feito de que xa sexa inminente o proceso expropiatorio, que non o é, e que en caso de expropiarse os prezos sexan os que di a empresa”.

Así mesmo, consideran que a valoración que oferta a empresa é mesmo inferior aos valores de mercado que a propia Xunta ten aprobado. Denuncian ademais que o que silencia a empresa é que pretende aplicar en Galiza a mesma táctica que empregou en Asturias, ao querer mercar agora a prezo baixo para que dispois, no proceso expropiatorio, se tomen como referencia comparativa de prezos de mercado os valores fixados nos contratos de compra-venta asinados antes de comezar as expropiacións, co cal non só se pagaría un prezo ridículo agora senón que iso perxudicaria aos que non vendan agora e sexan expropiados dispois.

Os deputados explican que a mina tramítase como proxecto industrial estratéxico pero aínda non está aprobado como tal polo Consello da Xunta, polo cal mentres a Xunta non aprobe definitivamente o proxecto a empresa non pode expropiar. Por esta cuestión pregúntan se é que a empresa xa sabe que a Xunta vaille aprobar o proxecto desestimando as alegacións presentadas e por iso comenzou o envío das cartas instando aos veciños a vender os terreos.

Alternativa Galega de Esquerda considera que as prácticas da empresa e a pasividade da Xunta son especialmente graves cando trátase dun proxecto cun enorme impacto medio-ambiental (**) que, de aprobarse, tería consecuencias moi negativas de cara ao futuro. Os deputados parlamentarios destacan que “o proxecto mineiro de Corcoesto é máis propio de antigos modelos de desenvolvemento do terceiro mundo, da época colonial, polo seu impacto ambiental, polo saqueo dos nosos recursos naturais e pola súa insostibilidade”.

“Resulta evidente que este tipo de empresas busca países cunha lexislación ambiental moi laxa e onde atopen a complicidade das autoridades políticas, coma é o caso do goberno de Feijoo e do alcalde do PP de Cabana de Bergantiños” denunciaron desde Alternativa Galega de Esquerda e lembra ao respecto que un proxecto de idénticas características polo Principado de Asturias, decisión que foi confirmada polos Tribunais de Xustiza, desestimando as reclamacións da empresa.

(*) 1.- A anterior sociedade, Rio Narcea Gold Mines S.L cambia o nome polo actual de Mineira Corcoesto S.L o 11/04/2012. O 100 % do capital pertece a Edgewater Exploration LTD (compañía canadiana constituida en xuño de 2007 en Vancouver)

(**) As características do proxecto:

-Excavación de un diámetro de 1,5 km

-Construción dunha balsa de decantación de 10.000.000 m3, semellante á de Aznalcollar que provocou o desastre natural no Parque Nacional de Doñana.

-Utilización de cianuro no proceso de obtención de ouro

 

Relacionados