Desigualdade orzamentaria entre barrios

 

Aínda que efectivamente o invenstimento é considerábel tendo en conta os tempos de crise nos que nos atopamos, Esquerda Unida xa denunciou en anteriores comunicados a argucia contábel desenvolvida polo Goberno local para inflar os orzamentos incorporando investimento privado, a pesar de que a concelleira Carmen Marón pretenda facer crer a cidadanía, de maneira falaz, que se trata dun exercicio de transparencia.

 

Aínda que, como di o Goberno local, o concello da Coruña ven de aprobar os orzamentos máis investidores, a cidadanía coruñesa demanda proxectos específicos nos seus barrios a vez que rexeita moitas actuacións millonarias que está a desenvolver o concello, asemade esixe que se teña en conta as demandas veciñais a hora de realizalos.

 

Esquerda Unida denuncia que moito do investimento desenvolvido nos barrios non se corresponde con as demandas reais da cidadanía, senón que son actuacións con cargo a fondos europeos, como é o caso do Agra do Orzan que aínda que recibe 130.000 € de investimento para desenvolver un corredor verde, é algo que a veciñanza no demandaba segundo o presidente da asociación veciñal do Agra, Francisco Graña, e con todo, as demandas reais do barrio como a incorporación dunha liña de bus non foron atendidas.

 

Xa que logo, o Consello Comarcal de EU Coruña denuncia a escasa capacidade do Goberno local para desenvolver políticas participativas que permitan consensuar coa cidadanía as distintas actuacións a executar.

 

Por outra banda, semella inxusto que mentres nalgúns barrios non reciben investimento como é o caso dos Castros ou dos Rosales, outros reciben importantes achegas como é o caso do Orzan con 400.000 €. Motivo polo cal Esquerda Unida considera que os actuais orzamentos amosan unha clara desigualdade de trato por parte do concello para con os distintos barrios coruñeses.

 

Finalmente, César Santiso, coordinador comarcal de EU declarou que “o Goberno local desenvolve grandes investimentos en actuacións que a cidadanía rexeita, a Coruña necesita con urxencia orzamentos participativos”.

Relacionados