Na Comisión de Participación Cidadá celebrada hoxe, a concelleira delegada afirmou que o Goberno vai anunciar que recorre a sentenza, contraria ao concello, aínda que afirmou tamén que de momento as traballadoras se reincorporaran esta semana aos seus postos de traballo.
Esquerda Unida que xa presentou para o vindeiro debate plenario unha moción na que instamos a reincorporar ás traballadoras, considera que non é suficiente o paso dado polo Goberno. A nosa organización entende que o Goberno Municipal debe desistir da interposición do recurso de suplicación e proceder á readmisión sen máis e nas mesmas condicións previas a ámbalas dúas traballadoras.
Motivos de xustiza, a propia sentenza e incluso o sobrecusto que representaría aboar as indemnizacións para acto seguido proceder a unha nova contratación avogan pola opción que defende o noso Grupo Municipal.