Esta proxección vai ter lugar o vindeiro martes, 22 de febreiro, ás 19:30 horas, no salón de actos da Fundación Caixa Galicia da nosa cidade.
Agardamos poder contar coa túa presenza nesta actividade vencellada á recuperación da Memoria Histórica da loita contra a ditadura e a construción dunha sociedade igualitaria e democrática. Igualmente pregámosche que espalles no teu entorno esta actividade político-cultural da que somos protagonistas.
Recibe unha aperta.