Encontro Aberto

 

 

Tras realizar na comisión de asuntos sociais e educación, dúas propostas cun tope económico de 1.020€ para a totalidade do programa, retirou da votación ambalas dúas.

O noso grupo leva plantexando dende o mes de maio que é necesario realizar unha transferencia de capital á partida orzamentaria que conten os 1.020€ para incrementar siñificativamente os cartos dispoñibles para axudar ás familias con dificultades económicas neste inicio de curso, sobre todo coa situación de crise económica actual, proposta que xa realizamos durante o debate do orzamento municipal.

 

A proposta do grupo de goberno supón un recorte coas prestacións outorgadas o ano anterior, o que é inaceptable para o noso grupo. Segundo a súa proposta se establecerían axudas de menor cuantía e se elevaría o nivel de renda para poder participar ata límites excesivamente baixos, rozando as axudas catalogadas como de emerxencia social.

 

Esta situación tan perxudicial para as familias só ten unha explicación: o desgoberno actual no concello de Mugardos, que unha vez máis perxudica a un amplo sector da poboación nun tema fundamental como a política educativa.

 

Demandamos máxima urxencia na resolución das bases para que as familias poidan facer as súas solicitudes, así como un incremento da partida siñificativo para que estas poidan supor unha axuda efectiva para a escolarización.

Relacionados