candidatos vigo.jpg - 160.06 Kb

Esquerda Unida presenta as candidaturas na comarca

 

Por estar xa decididos, presentáronse os cabezas de candidatura nos concellos de Vigo, encabezada por Rubén Pérez; concello de Ponteareas, X. Henrique González; Gondomar, Josué Villar; Nigrán, Jacobo Galego; Porriño, Roberto Alonso; As Neves, Carlos Álvarez.

Con estas xa se duplicarían o número de candidaturas presentadas vai catro anos. Está pendente de elección o cabeza de lista en Redondela e non se descarta a presentación dalgunha candidatura máis.

Para o acto de presentación contouse coa presencia da coordinadora nacional, Yolanda Díaz que aproveitou para manifestar o apoio de EU á Folga Xeral do día 27 e outras mobilizacións sindicais.

No conxunto das intervencións salientouse a necesidade de organizar tamén nos concellos a resistencia contra a determinación do PSOE, PP e nacionalistas afins, de quererlle facer pagar a crise á clase obreira, recortando prestacións en sanidade, ensino ou dependencia

Relacionados