eucut.jpg

Xuntanza de EU coa CUT

 

A xuntanza forma parte da rolda de contactos que a executiva nacional de Esquerda Unida está a manter coas diferentes organizacións sindicais na procura dunha fronte común que sexa quen de sumar esforzos para loitar contra o capital na defensa dos dereitos da clase traballadora dende a unidade de acción. Ate o de agora EU reuniuse co Sindicato Labrego Galego, CCOO, UGT e CUT.

 

Esquerda Unida e CUT coinciden na necesidade de apoiar a folga xeral do 27 de xaneiro para defender o sistema público de pensións e frear as agresións que está a cometer o capital a través do Goberno de Rodríguez Zapatero.

 

Asemade, a xuntanza evidenciou unha clara coincidencia entre as dúas organizacións que consideran prioritario manter un estado de mobilización permanente para defender os dereitos dos traballadores e traballadoras como resposta aos recortes socias que impulsa o Goberno central do PSOE obedecendo aos mercados e o gran capital.

 

O secretario xeral da CUT defendeu a folga xeral, non so no caso das pensións, se non que centra o papel da CUT na loita pola reformulación do sistema capitalista.

 

Por outra banda, a coordinadora nacional de EU indicou a necesidade de deixar a un lado os intereses partidarios y propiciar un eixo da esquerda social, sindical e política, que permita maior confluencia e unidade de acción na defensa dos intereses da maioría social do noso país.

Relacionados