ESQUERDA UNIDA trasladou algunhas propostas do seu programa como a Reducción do tempo de atención a accidentados mediante un plan municipal integral ou a Difusión inmediata de campañas de concienciación e coñecemento acerca das especiais características das motocicletas no tráfico.
ESQUERDA UNIDA denunciou ante esta asociación a preocupación ante a situación no rural vigués en canto a firmes das estradas e quitamedos. Para EU o PLAN E e o PLAN 2010 fóron inútilmente empregados en peatonalizacións e humanizacións esquecendo as necesidades viarias do rural. Urxe erradicar os quitamedos en parroquias con vías frecuentadas por motoristas e ciclistas especialmente os fins de semana como Valadares (carreteira), Beade (dende o Centro Cultural a Bembribe), Zamáns (ate o alto de San Cosme), Lavadores (toda a estrada), Candeán (estrada ao
aeroporto) e sustituílos por QUITAMEDOS DE MADEIRA que incluso teñen un impacto visual menor no entorno rural. Esta medida xa está implantada en cidades como Zaragoza, Xixón, Barcelona, Bilbao ou Sevilla







