Conquerir esa saída require a organización e loita sociais para facerlle notar ao Goberno a nosa determinación na defensa dos nosos dereitos. Só a loita e a mobilización poden deter a vontade do Goberno de recortar hoxe as pensións, como onte os dereitos laborais e as axudas sociais.
Pero o éxito final da loita e da mobilización depende da unidade de acción, por iso Esquerda Unida está a pular pola maior confluencia posíbel no eido da esquerda social, sindical e política.
Froito do empeño da nosa organización de actuar como argamasa dunha fronte ampla de esquerdas, EU Coruña participou nas dúas manifestacións desenvolvidas na Coruña, a que respondía a convocatoria da CIG e a convocada conxuntamente por CUT e CGT. Con este esforzo da militancia e simpatizantes, Esquerda Unida quixo dar un paso máis na procura da necesaria unidade de acción.