EU demanda transparencia no concello

 

Mentres, dende alcaldía denegan a petición alegando que a petición paralizaría o traballo do departamento de urbanismo. Para César Santiso, coordinador comarcal de EU, “o argumento da alcaldía semella pueril e inaceptábel, outra vez o goberno local insulta a intelixencia dos coruñeses e coruñesas”. César Santiso no se explica como se pretende dar carpetazo ao asunto con semellante aseveración, pois si todo está regularizado e xestionado con un mínimo de normalidade o acceso aos expedientes debería ser case que inmediato.

 

Santiso indicou “Trátase de vontade política non de incapacidade administrativa como pretende facernos crer. A miña experiencia como responsábel da coordinación comarcal da Administración Local en CCOO, permíteme afirmar que calquera concello da comarca, por pequeno e deficitario de medios humanos que sexa, ten a capacidade necesaria para atender a devandita petición nun breve período de tempo”.

 

Xa que logo, Esquerda unida demanda ao Concello máxima transparencia, tanto para os grupos municipais que compoñen o pleno como para o conxunto da cidadanía.

 

A proposta de alcaldía na que expón que se solicite a información pouco a pouco semella un intento de dilatar a cuestión no tempo até despois das eleccións municipais.

 

O consello comarcal de EU Coruña considera que si o concello non entrega de inmediato a documentación solicitada polo grupo municipal do PP, a veciñanza pensará que pretende ocultar irregularidades.

Relacionados