Eu insta ao concello a inscribir as parcelas do ofimático

 

Para O Consello Comarcal de EU Coruña, os sucesivos atrasos no proxecto do parque ofimático non son máis que unha nova evidencia da ineficacia do equipo de goberno municipal que, unha vez máis, vese superado polos acontecementos e amósase incapaz de desenvolver os trámites administrativos en tempo e forma.

 

Esquerda Unida denuncia a falta de compromiso por parte do goberno local para inscribir a documentación das parcelas do parque ofimático no rexistro da propiedade en tempo para evitar as perdas de subvencións estatais por parte dos cooperativistas, o que ven a poñer de manifesto a falta de consideración dos gobernantes locais para con a cidadanía coruñesa.

 

O secretario de organización nacional e membro do Consello Comarcal de EU Coruña, César Santiso, ven de declarar que o concello ten a obriga de velar polos interese da súa veciñanza, polo que esixe ao Goberno coruñés que desenvolva todas as accións necesarias para axilizar a inscripción no rexistro antes de finalizar o ano e, así, evitar a perda das subvencións por parte dos cooperativistas. César Santiso respostou así as declaracións vertidas pola concelleira de urbanismo nas que afirmou que as axudas estatais non son responsabilidade do goberno local.

 

Asemade, o secretario de organización nacional considerou que a concelleira pretende desviar a atención e alixeirar responsabilidades ao afirmar que o concello non recibirá ningunha solicitude de licenza de obra, dando a entender que son os propios cooperativistas os que non están interesados en cumprimentar o trámite. Santiso razoou que non ten sentido acadar a licenza de obra pois esta non é necesaria para ningún trámite relacionado coas subencións, xa que logo, a súa tramitación anticipada so supón que os cooperativistas teñan que anticipar gastos. 

 

Finalmente Santiso declarou que a pesares do atraso, Esquerda Unida saúda que o concello desbloquee o proxecto do parque ofimático e salienta a construcción de 1216 vivendas de protección oficial tan necesarias nunha cidade onde o prezo da vivenda é tan alto.

Relacionados