ruben perez.jpg - 4.56 Kb

EU no Concello

 

 Rubén Pérez, cabeza de lista de EU ao concello de Vigo, considera que as enquisas coñecidas hoxe son un avance histórico porque colocan a EU a un paso do Concello de Vigo por primeira vez en moitos anos.

 

Rubén Pérez suliña que ESQUERDA UNIDA disputa co PP o último concelleiro da corporación e pide que o voto da esquerda alternativa sexa un voto útil a ESQUERDA UNIDA para impedir a chegada da dereita ao Concello de Vigo. A pesar de que a enquisa non é representativa porque aínda 1 de cada 4 vigueses non ten decidido o seu voto e que as foron feitas a finais de abril e principios de maio coa campaña aínda sen arrancar, ESQUERDA UNIDA valora o feito que que poda ser a forza decisiva para impedir que o PP acade á alcaldía e que obrigue a PSOE e BNG a modificar a súa política clientelar e impropia dun goberno que se dí de esquerdas.

 

Rubén Pérez suliña que nunca na historia da formación as enquisas do fin de semán anterior colocaron tan cerca á formación de ESQUERDAS da entrada na corporación e lembrou que o abstencionismo de esquerdas está mudando cara ESQUERDA UNIDA unha vez que arrancou a camapaña electoral polo que EU estará con seguridade no concello e será o VOTO ÚTIL CONTRA A DEREITA E CONTRA AS POLÍTICAS DE DEREITA.

Relacionados