Función social da vivenda

Esquerda Unida defende a legalidade da norma andaluza e esixe que o goberno da Xunta de Galicia tome as medidas lexislativas necesarias, en relación ao cumprimento do mandato constitucional de garantir a función social da vivenda en Galicia. Con esta medida se incorpora o dereito a unha vivenda digna ó Sistema de Protección Social, segundo mandata o artigo 47 da Constitución, que determina “o dereito a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada”. Pese a importancia que a Constitución otorga ao dereito á vivenda, o certo é que na práctica, ata esta normativa pioneira, era considerada un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado.

É neste contexto, no que a norma destaca a urxencia e a necesidade de que desde os poderes públicos se adopten as medidas necesarias para asegurar a función social da vivenda e que, deste xeito, se faga efectivo o cumprimento do artigo 47 da Constitución.

A defensa da función social da vivenda adquire unha maior relevancia no momento actual, de emerxencia social e económica. A norma destaca que, entre as distintas formas de desocupación de vivendas, merece un maior reproche as do conxunto de vivendas que son propiedade de persoas xurídicas, en especial, entidades financeiras e as súas filiais inmobiliarias, entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da reestructuración bancaria e entidades inmobiliarias sendo, ademais, todos eles, dunha grande importancia cuantitativa.

A medida aprobada en Andalucía posibilita a expropiación temporal de vivendas á Banca a cambio dunha indemnización, para asegurar o dereito a unha vivenda digna, en relación co dereito á vida e á integridade física e psíquica das persoas afectadas por desafiuzamentos provintes de execucións hipotecarias, co fin de que poidan seguir ocupando a súa vivenda.

Deste xeito, se declara de interese social a cobertura da necesidade de vivenda das persoas en especiais circunstancias de emerxencia social incursas en procesos de desafiuzamento.

O Goberno de Navarra aprobou tamén, recentemente, unha serie de medidas urxentes para garanti-lo dereito á vivenda, demostrando así que a medida andaluza pode e debe extenderse por todo o Estado.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera un ataque frontal do goberno do PP ante a medida pioneira de xustiza social en materia de vivenda. O goberno de Rajoy, coa “virulencia antisocial” que o caracteriza, en pleno proceso de desmantelamento e privatización dos sistemas públicos de educación, sanidade, servizos sociais e pensións ataca tamén esta iniciativa, presentando un recurso ante o Tribunal Constitucional.

Sofía Díaz, responsable nacional de políticas sociais de Esquerda Unida manifesta que “o goberno do PP, furibundo co Estado social, non quere que o dereito á vivenda se incorpore ó Sistema de Protección Social e, unha vez máis, posiciónase contra os dereitos da cidadanía e evidencia a súa falla de escrúpulos e o seu servilismo cara os intereses das entidades bancarias e as súas filiais inmobliarias.

Esquerda Unida considera que o Decreto aprobado pola Xunta de Andalucía está dentro da legalidade vixente, polo que denunciamos que o Executivo do PP empregue a maquinaria xudicial do Estado en contra desta norma.

Esquerda Unida insta á Xunta de Galicia a tomar nota deste avance tan importante para a maioría socia, e a extender ó noso país os beneficios desta medida lexislativa, necesaria e valiente, en canto que defende os dereitos da cidadanía en xeral e, especialmente, dos colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade social.

 

Esquerda Unida reivindica para Galicia unha realidade posible, a función  social da vivenda.

Relacionados