Inauguración de recortes

Novamente vimos de ver como a Consellería de Sanidade anuncia a futura construción do novo centro de Saúde de Tui coma se dunha novidade se tratase, no que constitúe unha nova tomadura de pelo ás veciñas e veciños da vila.

Esquerda Unida advirte que a visita dos terreos por parte de membros da Consellería é un mero acto de propaganda institucional xa que as obras continúan sen licitar e o único que se fai e concretar novas revisións do proxecto orixinal para efectuar recortes.

Así, Eva Solla e José Cuevas responsables da Área de Saúde de Esquerda Unida na comarca lembran que: “O proxecto orixinal, de 2010 foi recortado, e o centro de saúde pasará a ter oito consultas menos do prometido incialmente. Pérdense dúas consultas de medicina xeral, unha de enfermaría de adultos, unha de matrona,unha de fisioterapia,etc. Polo tanto a Xunta de Galicia o único que fai é enganar ás traballadoras e traballadores e aos veciños “inaugurando” novos recortes e retrasos”

Mentres tanto, usuarios e empregados do centro teñen que soportar as condicións das obsoletas instalacións do actual edificio cunha promesa para edificar o novo sine die, por parte dunha Consellería que sememella máis interesada en darseautombombo” que en mellorar a Sanidade Pública.

Esquerda Unida xa denunciou estes recortes en agosto do pasado ano nun acto informativo celebrado fronte ao actual centro de saúde de Tui e no que participaron varios membros da formación política.

Relacionados