Incendio en Penamoa

Esquerda Unida esixe a actuación inmediata do goberno municipal en Penamoa logo do incendio provocado por queimas incontroladas as 22:15 h. na zona que comprende o camiño dos depósitos cara a estrada de Bens. O incendio foi da suficiente envergadura como para que tivesen que acudir os bombeiros a policía local e a nacional, asemade a columna de fume era negra o que significa que produzo contaminación atmosférica cos conseguintes prexuízos para a veciñanza da zona.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón a creación dun aparcadoiro disuasorio, hortas urbanas ecolóxicas e un gran parque con equipamento infantil e elementos biosaudables para darlle contido a zona. O aparcadoiro, que sería de uso gratuíto, situaríase ao carón da terceira rolda e tería unha dobre función, por unha banda evitar a entrada de vehículos no centro da cidade, por outra serviría para desconxestionar o aparcamento no Ventorillo, a utilización deste aparcadoiro pola veciñanza xeraría un movemento de persoas suficientemente importante para disuadir aos desaprensivos de cometer actos vandálicos.

Asemade apostamos pola creación dun grande espazo de lecer e servizos para a cidadanía que inclúa un parque con zonas de recreo infantís e de exercicios biosaludables, así como un amplo espazo de hortas urbanas e verxeis de froiteiras para promover a agricultura ecolóxica como entretemento, deporte e, incluso, como oportunidade para que as persoas desempregadas síntanse produtivas e poidan facer achegas á economía familiar, avanzando así cara á soberanía alimentaria coruñesa.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “sería unha magoa que pola desidia do goberno local, perderase todo o traballo de rexeneración da zona que supuxo un esforzo económico para o concello”.

 

Relacionados