Loita contra o VIH

Javier Galán, concelleiro de Esquerda Unida, sinala  a importancia da prevención e do compoñente pedagóxico das intervencións públicas e sociais no eido da VIH.  Lonxe de calquera conformismo, temos diante a esixencia de non escatimar recursos que van procurar saúde pública e benestara social. E hai recortes que matan: cos datos de 2011 hai un incremento nas novas diagnoses en mulleres e en homes novos entre 14-25 anos; asemade de darse un claro repunte da enfermidade nos usuarios de drogas a causa da eliminación dos programas para atender a este colectivo. Esquerda Unida lembra a eliminación da partida finalista neste orzamento estatal de 2013 para as políticas autonómicas de prevención da doenza.

Esquerda Unida reclama un  meirande compromiso do Goberno Municipal en realción coas entidades sociais que na nosa cidade xogan un papel protagonista na prevención dunha doenza. Sen hipocrisía pedimos cartos públicos e compromiso social coas persoas que sofren esta doenza e coas entidades sociais que as axudan.

Javier Galán lembra a necesidade de consignar no orzamento as partidas suficientes para que as entidades locais poidan desenvolver as tarefas e obradoiros necesarios para enfrontar esta pandemia.

Esta demanda do Grupo Municipal relaciónase coa campaña internacional que busca chegar a cero novas infeccións, cero discriminacións e cero mortes causadas pola doenza. Para elo, cómpre que non haxa recortes  en materia de saúde pública e programas de prevención e integración social. Esquerda Unida anima ao Goberno Municipal a ser esixente nesta materia.

 

Relacionados