Máis peches de escolas no #rural de #Pontevedra

Neste senso, Vázquez lembra que o Goberno de Núñez Feijóo está deixando “un balanzo aterrador” no eido do ensino no rural, con 532 aulas e 103 escolas eliminadas.

Non é a primeira vez que Esquerda Unida denuncia a destrución do ensino público no rural da man das políticas neoliberais do PP. En palabras de Ramón Vázquez, “a Consellaría de Educación, coa escusa da flutuación de matrícula, xustifica o peche duns centros que despois non volven a abrir”, repara.

No balance total para o próximo curso, trece escolas, 82 aulas e 122 prazas de profesorado desaparecerán do ruralgalego segundo os datos que publicou recentemente o Diario Oficial de Galicia na orde de catálogos de educación infantil e primaria.

 

Relacionados