Malgasto cultural en Ferrol

“A austeridade non é hoxe un mero instrumento de política económica ao que hai que recorrer para superar unha dificultade temporal, coxuntural, para permitir a recuperación e a restauración dos vellos mecanismos económicos e sociais. Así conciben e presentan a austeridade os grupos dominantes e as forzas políticas conservadoras. Para nós, pola contra, a austeridade é o medio de impugnar pola raíz e sentar as bases para a superación dun sistema que entrou nunha crise estrutural e de fondo, non coxuntural, e cuxas características distintivas son o malgasto e o desaproveitamento, a exaltación dos particularismos e dos individualismos máis exacerbados, do consumismo máis desenfrenado. Austeridade significa rigor, eficiencia, seriedade e tamén xustiza, é dicir, o contrario do que coñecemos e levamos sufrido ata agora ….”

A austeridade. Conclusións perante a convención de intelectuais.(1977)

Enrico Berlinguer.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida sinala que segundo a documentación aportada a este grupo municipal pola concellería de cultura de Ferrol, está en vigor desde o día 22 de xuño pasado un contrato entre o noso Concello e a citada empresa EULEN por un importe de 486.000 euros anuais máis unha cantidade variable ligada á contratación de persoal indirecto por un máximo de 90.000 euros. Obxecto deste contrato é literalmente “Prestación de servizos non Teatro Jofre, Auditorio, Centro Cultural Torrente Ballester/ capela e outros espazos”. Tendo en conta as expectativas de tamaño e programación que parecen vinculadas ao citado Auditorio non parece menor a porción deste contrato reservada para o citado espazo, que como sabemos, e logo de varios incumplimientos en canto aos prazos sinalados para a súa inauguración definitiva, continúa pechado.

Esquerda Unida non entende esta “xenerosidade” que contrasta duramente coas dificultades atopadas polo tecido asociativo cultural para conseguir o apoio económico do Concello para levar adiante actividades e accións que enriquecen a vida da cidade. Podemos sinalar a modo de exemplo o acontecido cos fondos patrimoniales do Ateneo, o evento de “As Meninas de Canido” ou outros similares.

Desde o grupo municipal de Esquerda Unida esiximos do Concello unha maior participación e protagonismo do asociacionismo ferrolán no deseño e desenvolvemento das actividades culturais e festivas na cidade como vén de reclamar recentemente a federación de asociacións veciñais da zona urbana Roi Xordo propoñendo o nomeamento polo pleno dunha comisión asesora de festas participada e e que Esquerda Unida apoia totalmente. Cómpre nesta cuestión como en outras activar e desenvolver todos os mecanismos intitucionais de participación cidadá.

 

Relacionados