NGBanco beneficios e débedas

A rolda de prensa desenvolveuse, logo dunha xuntanza coas persoas afectadas polas preferentes, no local do grupo municipal de EU-V onde, xunto co resto de locais da oposición, levan 10 días pechados para reclamar a devolución dos cartos roubados.

Interviu en primeiro lugar César Santiso para mostrar unha vez máis o compromiso do grupo municipal de EU-V cos estafados por uns banqueiros sen escrúpulos que descaradamente roubaron os cartos das familias aforradoras galegas. Santiso afirmou que están orgullosos de poder colaborar cos afectados polas preferentes, actitude que considera unha obriga, pero que ao perecer non entenden así os poderes públicos que os están a deixar abandonados.

O Voceiro do grupo municipal de EU-V, esixiu ao goberno municipal que ceda un local digno no pazo de María Pita porque “os afectados polas preferentes son coruñeses e é a obriga da corporación atender as súas necesidades.

Yolanda Díaz afirmou que é posible devolverlle os cartos ás familias aforradoras, porque o banco é noso é público, de todos e todas nos. So é necesario vontade política para  “estar cos de abaixo e non defender aos que se enriquecen a costa dos aforradores”.

A covoceira do grupo parlmentario de AGE esixiu que NovaGalica Banco poña ao sevizo das persoas afectadas polas preferentes os máis de 12 millóns de euros de beneficios obtidos neste primeiro trimestre, “xa que presumen de beneficios que paguen aos estafados”.

Díaz pediu ao presidente da Xunta que exerza como tal e solvente este grave problema que ten milleiros e milleiros de persoas en Galicia, “de nos ser así a conflecitvidade social irá en aumento, porque estas persoas o están a pasar moi mal e teñen que volver a desenvolver a súa vida con normalidade”. Asemade de que se volvan a axilizar as arbitraxes que, casualmente, unha vez pasada as eleccións están case paralizadas.

Finalmente Ana Cedeira, agradeceu aos grupos municipais da oposición que lles cedesen as súas oficinas, para poder facer o peche, e solicitou ao alcalde a sala de exposicións porque porque é un lugar que pertence ao pobo da Coruña e non queremos molestar aos compañeiros de EU, PSOE e BNG.

A portavoz da plataforma recordou que, “os 21 millóns de euros que NovaGalicia gañou, son nosos que nolos devolvan xa porque debe 1.600 millóns de euros ás persoas que teñen títulos de preferentes e subordinadas”.

Cedeira afirmou que “Non vamos a parar este peche nin ningún outro peche en Galicia, ao contrario, crecerán, aumentarán, até que o último de nos se retire co seu diñeiro a súa casa” e chamou a todas e todos os afectados por preferentes e subordinadas a que se acheguen ao concello, a casa de todos, “que perdan a vergoña, que perdan o medo” porque na cidade da Coruña  son máis de 4000 os afectados que non están en proceso de arbitraxe.

 

Relacionados