Preferentes

Comezou César Santiso, afirmando “solidarizámonos cos afectados pola estafa das preferentes, ofrecemos o apoio do noso grupo municipal e dos nosos grupos no parlamento español e europeo para axudar ás familias traballadoras aforradoras a defenderse do terrorismo financeiro, porque non pode considerarse doutra maneira o que algúns banqueiros desaprensivos fixeron cos aforros de toda unha vida de moitas familias traballadoras, que agora están a pasar apuros e mesmo atópanse en risco de exclusión social.

Esquerda Unida considera o arbitraxe das preferentes como un chanchullo entre o goberno Feijoo e Novagalicia Banco coa intención de que a entidade financieira saia beneficiada, xa que logo rexeitamos está formula e esiximos que a entidade financiaría especuladora devolva integramente os cartos que roubo aos aforradores, porque estas familias son aforradoras non inversoras.

Que a arbitraxe é un chanchullo pódese apreciar en múltiples aspectos como por exemplo que as solicitudes de arbitraxe aínda que entran no Instituto Galego de Consumo, dependente da Xunta de Galicia, van directamente á sucursal do banco, sendo esta quen toma a decisión obviando, incluso, á propia empresa auditora, Price Waterhouse. Ou que o protocolo de actuación estase a modificar constantemente de maneira unilateral creando grande confusión entre os afectados.

Así o propio Feijoo rexeitou unha arbitraxe colectiva como lle solicitaba a coordinadora de afectados polas preferentes, no que demostra que o presidente da Xunta de Galicia está a defender os intereses dos banqueiros os poderosos e os especuladores en lugar de defender os intereses dos galegos e galegas.

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a quita das preferentes supón unha nova estafa aos afectados e esixe que o Estado se faga cargo da diferenza como responsábel subsidiario debido á falta de control, tanto do Banco de España como da Comisión Nacional de Valores, que permitiron o desenvolvemento desta estafa mirando cara outra parte, precisamente cando era Vicepresidente do goberno Rajoy, ese que di de maneira infame que si el estivese no goberno non habería preferentes, porque o escándalo das preferentes non se fraguou no ano 2009 como falazmente pretende facer crer o PP para escorrer o vulto, porque as primeiras denuncias datan do ano 2008  pola venta de preferentes xa no 2002.

Posteriormente, tomou a palabra Ana Cedeira quen agradeceu o apoio de Esquerda Unida, “un apoio que o leva facendo dende hai tempo”. A coordinadora coincidiu plenamente na exposición desenvolvida por Santiso, e subliñou que “na Coruña o arbitraxe non o aceptamos, aínda que damos axuda a quen o acepte porque é unha decisión persoal, mais aconsellamos que vaian asesorados por un avogado para que non os volvan a enganar porque isto estase a poñer moi negro”.

Finalmente denunciou a actitude das forzas de seguridade do Estado por “apalear a rapaces e anciáns en Soutomaior. Este é o trato que o goberno lle dá ao pobo galego”. Porque utilizar as forzas de seguridade do Estado para reprimir á cidadanía que se manifesta diante dun roubo manifesto non ten xustificación, non é propio dun estado de dereito.

 

Relacionados