Novo Mesoiro barrio en crecemento

A veciñanza e veciños da zona levan moito tempo reclamando ao Concello que se mellore a mobilidade, xa que as actuais liñas de bus urbano resultan insuficientes e isto suponlles graves prexuízos.

Esquerda Unida esixe que se mellore a mobilidade en Novo Mesoiro e que o PP cumpra coas súas promesas electorais na zona, porque o goberno municipal é sobradamente coñecedor da situación na que se atopan estes veciños e veciñas, mais continúa nunha posición de apatía sen ofrecer unha solución efectiva ao problema, que debe basearse en feitos reais e palpables, non na fermosa retórica a que nos ten acostumados o goberno local.

En EU consideramos que ninguén coñece mellor as necesidades dun barrio que os propios residentes, polo que nos facemos eco das súas demandas e en base a elas, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes rexistra unha pregunta de resposta escrita a fin de coñecer se o goberno municipal ten pensado incrementar a frecuencia de buses en Novo Mesoiro, entendemos que as veciñas e os veciños precisan unha garantía firme e non meros compromisos orais que rematan en saco baleiro. Concretamente o tenor literal da pregunta é o seguinte:

Ten pensado, o goberno municipal, mellorar a mobilidade en Novo Mesoiro incrementando a frecuencia de buses na zona?

Por outra banda, cabe lembrar o impacto positivo do autobús urbano para o medio ambiente, a saúde e a economía. Co políticas e investimentos máis decididos evitaríamos conxestión, contaminación e accidentes. Creemos que cando se fomenta o uso do transporte público colectivo dende o ámbito municipal se está achegando á cidade un beneficio social moi importante.

 

Por iso, apostamos polo valor do bus como unha ferramenta da política social, conectando as áreas máis desfavorecidas e afastadas cos puntos céntricos da cidade e de maior mobilidade social. Polo exposto, non podemos permitir que existan barrios na Coruña sen un bo acceso a este servizo básico e público. Na mesma liña, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta inadmisible que neste barrio exista tal incomunicación e illamento, tratándose dunha zona que precisa con urxencia conexións co resto da cidade.

Relacionados