Este acordo beneficia só ao capital financieiro e aos seus bancos e aseguradoras, os mesmos que viñan dende fái moito tempo presionando para lograr uns cambios que lles permitan aumentar o seus ingresos pola vía de aumentar os fondos privados de pensións ante o aumento das dificultades para xubilarse a unha edade razonable pola Seguridade Social e ante a certeza de que as cuantías que se van cobrar pola pensión -quen poida xubilarse, claro- serán cada vez máis exiguas: para eso aprobaron o retraso da EDADE LEGAL PARA XUBILARSE A 67 ANOS E O AUMENTO DE 15 A 25 ANOS DO PERIODO DE CÁLCULO para a base reguladora da pensión. Neste acordo asinado o 2 de Febreiro existen certamente algunhas disposicións que “modulan” estas medidas e que as impoñen de xeito progresivo.
Faltaría máis que para lograr o tan desexado respaldo sindical o Goberno non aceptara algunhas excepcións para aminorar o rexeito obreiro e social. Pero en definitiva este acordo só serve para facer máis presentable un gravísimo e histórico recorte de dereitos , totalmente innecesario salvo para o interés do gran capital e da patronal. Do resto do contido deste pacto social só imos decir que moito nos tememos que voltará a ser papel mollado no que se refire aos dereitos dos/as traballadores/as….Tod@s @s que vivemos dun salario imos a lamentar é moito a decisión da maioría da executiva e do consello confederal de CC.OO. de aceptar asinar este acordo sobre o sistema de pensións e o resto do pacto. Váise a abrir a “brecha” de desconfianza que existe ente unha boa parte da afiliación e do conxunto dos traballadores hacia os responsables sindicáis.
O previsible é pensar que si en datas próximas o Goberno e as dereitas española e nacionalistas, crecidos todos eles como están (e non é para menos) deciden non só non dar marcha atrás na reforma laboral -que non darán si nos se lles obriga coa movilización-, senón que hai que avanzar en novos ataques ao dereito real de negociación colectiva, etc…co seu actual proceder as direccións de CC.OO. e UGT se condenan sí mesmas, e de paso a todos os que representan, a de novo voltar a aceptar un “trágala”, se xustifique como se xustifique. Agora estamos a ser bombardeados por unha manipulada mensaxe de optimismo: por terse alcanzado un “pacto responsable e ó único posible” (!!?), a crisis váise a “resolver” máis fácilmente…pero nese pacto non aparece nin unha soa medida para que paguen os que a provocaron.
Non é fácil, pero tócanos a nós superar e contribuír a que outros superen a desmoralización e a frustración que supón ver como se anula a forza do movimento obreiro, incluso sin poñela realmente a proba; como militantes de esquerdas que somos, temos que intensificar a cantidade e a calidade do noso traballo politico entre a clase obreira e a base sindical. A pesares dos retrocesos, existen e se agudizan as contradicións sociáis e laboráis que provocan a crisis capitalista e quenes a xestionan en beneficio do capital. É ahí onde temos o noso frente de loita e a nosa responsabilidade diaria: entre a xente traballadora á que temos que ser quen de ofrecerlle unha alternativa política creíble, revolucioanaria, de amplio e organizado respaldo social e especialmente sindical. Moito traballo pero é o único que realmente paga a pena. A facelo.