O temporal racha o paseo marítimo

 

 

Segundo Esquerda Unida esto débese principalmente a dous causas: a primeira, de caracter natural, debese a que o cambio climático está a profundar a gravidade dos efectos meteorolóxicos, mentres que a segunda ten un caracter antropolóxico, e está relacionada coa recente ampliación do areal da bahía coruñesa. En efecto, a devandita ampliación das praias, que xa fora denunciada pola nosa organización, por constituír un atentado medioambiental que modificou o ecosistema mariño da nosa bahía e supoñer un enorme investimento, 8,5 millóns de euros, de difícil xustificación, está a permitir que as olas cheguen con maior facilidade a costa, e polo tanto batán con maior dureza sobre o paseo marítimo, xusto o contrario do que esgrimían no seu momento os defensores da devandita actución.

 

A devandita situación pon en evidencia as enormes eivas nas obras faraónicas do Concello Coruñés que semella pretende vencer a natureza a base de gastar os cartos dos nosos impostos: primeiro constrúe un paseo marítimo que lle rouba ao mar uns 40 m. sen desenvolver medidas para a contención das ondadas esquecendo que a vertente atlántica e cantábrica non permite a construcción de paseos marítimos ao estilo mediterráneo onde as mareas son moito máis suaves, despois utiliza balaustradas pesadas e ríxidas que se amosan pouco resistentes aos envites dos temporais, e por último move as praias do seu sitio natural cando todos sabemos que o mar sempre reclama o que é seu. Logo, chegan as lamentacións e afirmacións como as verquidas polo alcalde da Coruña quen indicou que “Non hai nada que facer ante un temporal como este”. Cando a realidade é que parte da desfeita puido evitarse mediante un bo deseño e planificación.  Nus anos escoitaremos lamentacións parecidas cando se inunden os aparcadoiros construídos na veira do mar, cun grande custe de recursos, e provoquen unha grande catástrofe. Algo que Esquerda Unida xa está a anunciar debido ao inexorable aumento do nivel do mar derivado dos efectos do cambio climático.

 

Ano tras ano, os coruñeses e coruñesas estamos a ver como os temporais invernais están a provocar cuantiosos danos materiais no paseo marítimo sen que o concello desenvolva ningunha actuación correctora, motivo polo cal Esquerda unida lamenta a incapacidade do Goberno coruñés para dar resposta a un problema que se repite coa chegada dos temporais e supón un enorme custe para as arcas da cidade. Pois, este ano nin tan sequera montouse, como antano, unha barreira de area a modo de dunas para que actuase como dispositivo de defensa, aínda que o aporte de áridos non se amosa como unha solución definitiva a lo menos actúa de reductor do impacto da ondada mariña sobre o paseo marítimo.

 

Xa que logo, O Consello Comarcal de EU Coruña propón que se substituía a balaustrada rachada por outra que utilice un deseño con máis ocos e un material que ofreza menor resistencia como sucede nos paseos marítimos de Donostia ou Xixón. Como queira que este é un risco derivado da acción de gañarlle terreo ao mar EU propón que o material utilizado sexa reutilizable e reciclable para que o concello poida volver a utilizalo e así, reducir os costos económicos e medioambientais.

Relacionados