Obras en Basanta e Espiño

 

Queremos lembrar que hai un acordo plenario, votado polo PP, no que o concello se comprometía a executar esta infraestrutura e no orzamento deste ano se reservara unha partida para realizar     unha obra que vai repercutir de xeito moi positivo na seguridade da veciñanza. 

 

Cómpre facer notar que nestes días de outubro houbo un atropelo na zona o que abunda na necesidade de contar con prontitude  coa reforma destas rúas.

 

Yolanda Díaz formulou hoxe na comisión informativa de urbanismo a cuestión da execución da obra e da inquedanza das e dos veciños obtendo unha resposta menor do concelleiro de urbanismo no sentido de que o proxecto chegou estes días. A pesares que xa había un proxecto preparado. Nós lle pedimos o Goberno que non maree a cuestión e se poña as mans á obra.

 

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a executar coa meirande urxencia o proxecto que dote de beirarrúas a Basanta e Espiño para desta maneira favorecer a seguridade vial na zona.

Relacionados