Orzamentos zona rural

Javier Galán polo Grupo Municipal acudirá ao encontro acompañado dunha representación do Consello local de EU encabezada  por Suso Basterrechea e José Luis Martínez Balsa, para recoller as inquedanzas e demandas da Zona Rural para o vindeiro orzamento.

A recolleita das demandas veciñais conforma unha parte moi importante da alternativa orzamentaria que de xeito participado está a elaborar Esquerda Unida. O xeito de entender a coparticipación veciñal na toma de decisións e a falla de compromiso do goberno neste eido impoñen máis que nunca que as formacións políticas de esquerda tenten ampliar a base da participación da veciñanza con iniciativas que sirvan para recoller as demnadas e propostas veciñais.

Para esta xuntanza de traballo, as demandas de Esquerda Unida en materia de Zona Rural pasan por formular un incremento nos orzamentos que poida permitir abordar tanto o saneamento do rural, que este ano pasado quedou sen tocar, canto mellorar a provisión de servizos públicos para a veciñanza do rural ferrolán.

No trancurso da reunión, EU avanzará toda a información en materia de orzamentos – remitidos con anterioridade ao tecido asociativo de Ferrol –  na procura de facilitar información, desvelar dúbidas e achegar propostas que sirvan para mellorar as condicións de vida no noso rural.

 

 

 

Relacionados