Paquete alternativo de medidas fiscais

 

Ademais de ser profundamente inxustas, estas medidas son pouco eficientes para reducir o déficit, posto que reducen o consumo e o investimento, xeran máis paro e, xa que logo, teñen un efecto moi negativo sobre  a recadación fiscal.

 

Esquerda Unida considera que a redución do déficit público só pode realizarse mediante o aumento da contribución fiscal dos que máis teñen e gañan, é dicir mediante unha reforma fiscal progresiva, que debe ser iniciada por un paquete de medidas urxentes, e cun plan serio de loita contra a economía mergullada e a fraude fiscal. Complementariamente a estas medidas, deben aplicarse en todas as administracións programas de racionalización e control do gasto público.


Para iso, Esquerda Unida defende as seguintes medidas:


1.-   Elevación do tipo impositivo marxinal no último tramo do IRPF (base liquidable superior a 53.407,20 euros; equivalente a uns 60.000 euros anuais de ingresos brutos) do 43 ao 50%.

 
2.-   Aumento de 5 puntos no imposto sobre beneficios (Imposto de Sociedades) das entidades, sociedades e institucións de intermediación financeira (Bancos, Caixas, Compañías de Seguros, Sociedades de Carteira, etc.).

 
3.-   Incremento de 3 puntos na tributación das empresas que cotizan en Bolsa e obteñen beneficios.


4.-   Creación dunha taxa sobre as transaccións en Bolsa do 0,2%.

 
5.-   Imposición extraordinaria do 50% dos bonos, primas e calquera outra retribución extrasalarial dos directivos de institucións financeiras, mentres dure a crise, entendido este fin como situar o índice de paro por baixo do existente a 1 de xaneiro de 2008.

 

6.-   Recuperación do Imposto de Patrimonio (2.147 millóns de euros en 2007, destinados ao Programa de Emprego das CCAA).

 

7.-   Presentación do Goberno en función do seu exercicio da Presidencia Europea dun plan de converxencia e harmonización fiscal para os países da UE con calendario de aplicación.

 

8.-   Reorientación da reforma do IVE, eliminando a subida xeral de tipos que entrará en vigor o 1 de xullo e establecendo un IVE especial ao 25% (ou en caso necesario un Imposto especial ou o seu incremento en 7 puntos) para bens de consumo de luxo, animais vivos non destinados a consumo humano, xoias, abrigos e pezas de pel, aeronaves e embarcacións de vela e motor cuxo uso non se destine ao comercio marítimo ou á pesca profesional, etc.

 

9.-   Redución do IVE ao tipo super reducido (4%) de todos os alimentos e produtos de primeira necesidade.

 

10.-   Adopción da proposta da Comisión de Finanzas das Asemblea Nacional Francesa (setembro de 2009) no marco de Presidencia semestral española da UE para suprimir os billetes de 500 euros e reducir a 3.000 euros as cantidades que se poden pagar en efectivo sen comunicación á administración tributaria dos datos do pagador a partir de 1 de xaneiro de 2011.

 

11.-   Supresión da fiscalizade favorable das SICAV que deben tributar como calquera outra sociedade (así ocorre nas Facendas Forais de Euskadi).

 

12.-   Equiparación da contribución fiscal das rendas do capital e do traballo.

 

13.-   Introducir medidas de fiscalizade verde para gravar as actividades que prexudiquen o medio ambiente e incentivar as que teñan efectos favorables, de acordo coa proposición de Lei de Fiscalizade Ambiental presentada por EU-ICV o pasado 21 de xullo de 2009.

 

14.-   Consideración no marco da UE da Taxa Tobin como unha ferramenta para financiar iniciativas industriais innovadoras nos sectores estratéxicos para un desenvolvemento xusto e sostible. Proposición das Directivas correspondentes.

 

15.-   Adopción dun Programa de loita contra a Economía Mergullada e a fraude fiscal co obxectivo de reducir a Economía Mergullada e un total de 12 puntos de PIB no período 2010-2013 e duplicar os resultados na represión da fraude fiscal.

 

En definitiva esquerda unida demostra que outra política é posíbel cun paquete de medidas fiscais que evita que sexa a maioría social quen pague as consecuencias da crise

 

Relacionados