Peche en Navantia

Coas gradas baleiras a única realidade son os despedimentos que se suceden sen que os gobernos do PP fagan nada.Esquerda Unida avogouna Xunta de Voceirospolaesixenciadunsi rotundo e inmediato do goberno á financiación pública do dique, vía orzamentos, e a profundar con apoio político na búsqueda de nova carga de traballo. O noso Grupo puxoaodispor da plantilla as dependencias do Grupo Municipal.

“Vencidos os prazos das comisións do dique, espidas as mentiras sobre a nova carga de traballo, cunregueiro de despedimentos que se achegaxaás dúas milpersoas, que futuro resérvanlle a Ferrol os gobernos do PP”, pregunta Javier Galán.Cala o alcalde e minteFeijóo: non haimáis que esperar dun PP que, obediente, desenvolve a política contra as clasestraballadoras que executa Rajoy.

Yolanda Díaz reclamou un xesto de valentía e dignidade dos responsables do drama dos estaleiros públicos da ría: Feijóo e o seuconselleiro de industria, así como os responsables da SEPI teñen que vir de urxencia a Ferrol a rendir contas e propostasdiante da plantilla da factoría e da cidadanía en xeral. En agosto se tiña que  resolver a decisión de construír o dique epola contra se adía sine die  entre silencios culpables e o dramatismo dos despedimentos, dando razón ás denuncias formuladas por nós acerca de que as comisiónssomentes querían gañar tempo e non comprometer ren.

EU avoga, logo de consultar  xurídicamente a cuestión que a vía para financiar o dique son os orzamentosxerais: así o vimos propoñendodendeoorzamento de 2010. E o imos seguir a facer.Hai que afrontarde xeitoenérxico e mobilizador a situación de excepción social que se deriva para a cidadanía de Ferrolterra polos reiterados incumprimentos do Goberno de Rajoy ate conquerir os cartos públicos necesarios para acometer ese investimento.

Reclamamos  unha reacción da alcaldía de Ferrol, onde se denuncie e se fagan valer as reclamacións unánimes da comarca en defensa do porvir dos estaleiros públicos da ría. Ferrolterra ten pendentes decisión fundamentais para oseu futuro: a dos estaleiros de xeitoprimeirísimoe o alcalde amósase incapaz de facer valerdiante da Xunta e do Goberno Central  os dereitos da nosacidadaníatraballadora.Hai que reunir á comisión formada en Ferrolterra para abordar a situación e tomar decisión á altura dos feitos.

Esquerda Unida afirma a determinación de cambiar as políticas de laissez faire da Xunta por outra política industrial pública activa cando a cidadanía galega derrote nas urnas a incompetencia para resolver os problemas de emprego e protección social da nosacidadanía que xerounestes anos Feijóo.

No entanto, EU advirte tanto do drama social canto da situación imposible na que as dilacións do PP sitúan a milleiros de persoastraballadoras e as súas familias. Están a avocarnos a que se produza un estoupido social a causa do paro e a situación insostible das persoas que fican en paro na casa.

 

 

Relacionados