Policia medioambiental

 

Esquerda Unida salienta o valor desta unidade policial, recuperada a raíz dunha  proposta en forma de moción presentada por Esquerda Unida ao Pleno, en data de  29 de outubro.

 

A protección da inigualable contorna natural que posuímos na nosa cidade supón un desafío da meirande importancia para nós e supón un valor certo para unha cidadanía  cunha cada vez máis  acentuada conciencia medioambiental. A unidade policial medioambiental supón unha axuda indispensable para facer cumprir unha legalidade respectuosa co noso medio.

 

Aínda hai uns días, Esquerda Unida denunciou un verquido que afectou á praia de Cariño. A  sucesión dos verquidos neste areal expresa outra vez  a realidade  de agresións medioambientais que requiren unha resposta eficaz e rápida das administracións públicas.

 

Para Esquerda Unida  esta unidade policial contribúe de maneira certa a protexer a nosa legalidade; legalidade que ten o sentido  de procurar unha utilización racional de todos os recursos naturais públicos e, xa que logo, a mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía.

Relacionados