Política de persoal

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia un recorte de case o 30% na formación do cadro de persoal nos orzamentos do 2012, pasando de 138.784,40 a 101.660,00 €.

 

Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a mellorar e ampliar os servizos a cidadanía do Concello. Dende EU levamos tempo incidindo na necesidade de mellorar a eficacia da xestión administrativa incorporando moito máis activamente as tecnoloxías da información, como indicamos no Plan de Reorganización Administrativa do Concello (PRAC) implementando con urxencia a administración electrónica, e que esta chegue a meirande parte dos trámites administrativos, ao tempo que se debe actualizar o sistema informático e a rede telemática do Concello para mellorar os tempos de resposta dos postos de traballo.

 

César Santiso indico “Consideramos fundamental o investimento en formación para que o cadro de persoal acade a capacitación necesaria para afrontar os retos tecnolóxicos que sen dúbida o Concello debe acometer con urxencia”.

 

Santiso indicou que o Concello dispón dun cadro de persoal de máis de 1500 efectivos, polo que o Goberno municipal ten a posibilidade de desenvolver un avance tecnolóxico e organizativo que mellore cualitativa e cuantitativamente os servizos prestados a veciñanza. “Si o Goberno municipal ten a vontade política podemos avanzar cara a excelencia e reducir os servizos externalizados. A formación non é un gasto senón un investimento”.

 

Finalmente o voceiro de EU-V subliñou, no día internacional da loita contra a sida, a necesidade de que as institucións abandonen os discursos baleiros e os actos para a galería e loiten dende os seus ámbitos contra esta lacra social. Por iso incidiu na proposta de EU para crear un albergue público municipal que ademais de dar acubillo e alimentar ás persoas excluídas, sirva como puntal na loita contra a drogodependenza, principal causa de contaxios de VIH. Esta iniciativa permitiría que este tipo de ONG tivesen o seu propio espazo no albergue, reducindo o custo de mantemento de locais propios e así paliar os recortes efectuados pola Xunta de Galicia a estas organizacións. “un albergue municipal que non subministre caridade, senón solucións integrais de inserción social que incorporen cursos de orientación laboral, técnicas de traballo en grupo e de crecemento interior para avanzares na reafirmación persoal e o espírito colectivo dos marxinados”.

Relacionados