Porto exterior sen contedores

 

Nestes momentos o groso deste tráfico, no que respecta a Europa, faise a través dos portos de Rotterdam, Amberes, Amsterdam e Hamburgo. Pese a que os portos ibéricos están máis próximos as rutas comerciais procedentes de Estados Unidos e Asia, as eivas nas infraestruturas de transporte de contedores por ferrocarril e a ausencia de conexións de transporte de mercancías a alta velocidade co centro de Europa fai que as consignatarias prefiran que os barcos portacontedores fagan rutas máis longas, viaxando varios días máis ata o norte de Europa, antes que utilizar portos españois.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera un suicidio económico que o porto exterior non contemple unha terminal de contedores cando é o medio de transporte de mercadorías mais utilizado.

 

Recentemente a Unión Europea designou os eixes ferroviarios de transportes de mercancías mediterráneo e atlántico como prioritarios dentro da rede básica de transportes da Unión, destacando que o eixo atlántico inclúe un ramal que chega ata a nosa cidade integrándoa dentro da rede europea de transportes de mercancías de alta velocidade.

 

Esquerda Unida esixe ao Goberno municipal que o Concello lidere unha iniciativa para dotar ao porto exterior das infraestruturas necesarias para que poida recibir tráfico de contedores. Galiza en xeral e A Coruña en particular e a zona continental europea máis próxima a América, polo que coas infraestruturas de tráfico de contedores portuarias e ferroviarias axeitadas, podería captar una gran parte do tráfico de mercancías xerais entre os dous continentes.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o tráfico de mercadorías en contedores duplicou o seu volume, máis a miopía dos nosos gobernantes está a impedir que o novo porto exterior dispoña de terminal, bloqueando unha grande cifra de negocio que axudaría a reactivar a economía local e loitar contra o desemprego. En lugar de falar tanto, estaría ben que de vez en canto se actuase decididamente sobre a economía, as persoas desempregadas o agradecerían, sentencio César Santiso.

Relacionados