Pregunta Ramón Cabanillas

 

Na nosa cidade, despois da reordenación do mapa escolar, o Colexio Ramón Cabanillas, situado na rúa do Castiñeiriño 21, non volverá a cumprir no vindeiro curso escolar 2010-2011 coa función educativa que até o de agora viña desenvolvendo, polo que as súas aulas quedarán baleiras.

 

Pois ben, Esquerda Unida Compostela, tras diversas xestións realizadas, non ten constancia das novas atribucións que vai ter este espazo público, como ben podería ser a súa transformación nunha centro de día público, que axude coas manifestas necesidades dos veciños e veciñas da nosa cidade; ou ben, tendo en conta que falamos dun barrio que coñeceu un forte incremento poboacional debido ao proceso urbanístico, a súa conversión en calquera outra instalación que cumpra coa función de servizo público.

 

Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

 

1)    Ten o Concello de Santiago prevista unha nova utilidade pública para as instalacións do Colexio Ramón Cabanillas?

 

2)    Manterá o Concello de Santiago xuntanzas coas distintas asociacións da cidade para ver e valorar de forma participada que nova función pode cumprir este espazo público?

Relacionados