Pregunta Rocha Forte

 

Por desgraza en Santiago de Compostela existía un tesouro arqueolóxico que non está a recibir o recoñecemento que merece: o Castelo de Rocha Forte. Situado na parroquia de Conxo, este xacemento data de mediados do século XII e foi protagonista de varios episodios da nosa cidade como as revoltas do século XIV contra o arcebispo Fonseca III ou a Segunda Revolta Irmandiña no s.XV, cando foi destruído.

Por sorte, según as últimas novas parece que a situación deste xacemento vai mudar. Nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2012, consígnase unha subvención nominativa a favor do Concello de Santiago para o acondicionamento e valorización do Castelo de “A Rocha Forte” por importe dun millón de euros, dos que a maioría se investirán en realizar os pertinentes estudos e escavacións arqueolóxicas.

Agardando que así sexa, e que non se acometa esta actuación por mera utilidade ornamental para xerar un foco turístico máis na cidade, o que falta, según as informacións públicas das que dispoñemos, e unha participación activa da USC neste proxecto.

Para o Consello Comarcal de EU Compostela é necesario aproveitar este proxecto para que os estudantes da USC que estudaron, estudan ou están interesados na arqueoloxía poidan ter a posibilidade de que esta actuación arqueolóxica sirva de aula magna teórica e práctica na que poder avanzar nos seus coñecementos.

Se se planifica con este fin educativo, amén do estritamente arqueolóxico, ademais de poder ampliar o tempo de execución, pois é obvio que a faceta docente debería ralentizar o traballo arqueolóxico, o que sería inadmisible é aproveitar esta circunstancia para acadar man de obra gratuíta que elimine posto de traballos.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1. O Concello, posto que xa está planificada a campaña de estudo sobre o xacemento, velará para contar coa USC para tal fin?

 

Relacionados