Protección do Menáncaro

 

Yolanda Díaz  considera fundamental que o Goberno sexa quen de resolver con ben esta asignatura pendente. Menáncaro reclama de seu, de maneira esixente, a meirande protección, unha protección integral que garanta que non se poderá facer ningunha  desfeita nela, nen hoxe  nen mañá.

 

Adiar  acordos subscritos e necesarios supón unha mala praxe de Goberno, en canto dana as expectativas da nosa cidadanía máis concienciada nas cuestións do desenvolvemento sustentable e ordenación do noso territorio. Xa que logo,   Menáncaro semella unha das cuestións de meirande relevancia  a hora de amosar a determinación firme e intransixente de preservar o medio natural da depredación do ladrillo. No mandato anterior,  Menáncaro foi unha das bandeiras que ergueu a oposición  ao Goberno do PP-IF, na defensa dunha concepción outra do urbanismo e a ordenación do territorio.

 

O noso Grupo Municipal lamenta ter que seguir a caracterizar a acción deste Goberno neste eido, como en tantos outros, coas notas das dilacións e o desinterese. O noso Grupo demanda unha acción enérxica e decidida para resolver esta cuestión antes do remate do ano, cunha modificación puntual do PXOM, que garanta a figura da máxima protección para Menáncaro.

Relacionados