Recollida de voluminosos

 

As persoas de Mugardos depositaron os seus voluminosos no día indicado  pero a falla de previsión do goberno municipal e da empresa que ten adxudicada a recollida, trae como consecuencia que a día de hoxe aínda teñamos os colchóns e os mobles “decorando” as nosas rúas, é dicir os nosos espacios públicos de convivencia.

Esto que se repiteu durante toda a estación veraniega non parece preocupar en exceso ó goberno municipal, que nós respostaba a unha pregunta realizada o venrés no pleno sobre esta cuestión: que non sabe de onde saen tantos mobeis no verán, que parece que non estamos en crise.

A resposta non pode ser máis clarificadora do desgoberno e despreocupación que existe no goberno municipal, sabemos que hai un incremento de depósitos de mobeis en verán pero parece que non lles importa que estén varios días “decorando” as nosas rúas, xa que non se poñen medios para que ese mesmo día, o día indicado polo concello para a recollida, se poida realizar.

Dende EU-IU demandamos novamento un debate sobre o sistema de recollida de voluminosos e voltamos a plantexar novamente que se estude a implantación do sistema de recollida previa chamada telefónica para garantir que a recollida vaí a ser efectiva e que non imos dar o espectáculo que estamos sofrindo agora. Non queremos ver as nosas rúas cheas de “colchóns” como pasa agora.

Relacionados