ferrol.gif - 5.79 Kb

Rehabilitación Recimil

 

 

Yolanda Díaz farase eco do sentir maioritario da cidade encol da rehabilitación integral de Recimil. Son demasiados os anos que temos deixado pasar como para que non achemos un espazo de colaboración entre as diversas administracións públicas, quen de procurar recursos e cooperación para xestionar a rehabilitación do barrio, cuxa traza supón un valor senlleiro e cuxa realidade actual abre unha magnífica oportunidade para desenvolver unha política pública de vivenda social.

 

A veciñanza do barrio, subliña Yolanda Díaz, ten dereito a que as administracións públicas acorden unha solución cooperativa e compartida, definitiva e xusta para o barrio. As persoas que viven en Recimil teñen que ter os mesmos equipamentos e confort que os do resto da cidade. Non caben discriminacións neste eido.

 

Recimil, xestionado coa empresa municipal de vivenda e na concertación coas administracións públicas galega e do Estado, supón un valor para a cidade, para atender as demandas de vivenda social e para producir unha intervención pública no mercado da vivenda. Ben social o da vivenda, que resulta inalcanzable para centros de milleiros de persoas, que non poden acceder a ela ou a están a perder nesta crise. Lembrar a vaga de desafiuzamentos que se están a producir en todo o Estado.

 

Yolanda Díaz  expoñerá diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a esixencia cidadá de acometer dunha vez a rehabiliatción do barrio, que ten algunhas pezas francamente dañadas, comezando pola coñecida como  Bambú Club. Cómpre unha actuación pronta e decidida para atallar a progresión no mal estado das edificacións.

Relacionados