“Seguimos sen coñecer o plan a medio e longo prazo da Xunta para dotar de persoal suficiente ao sistema sanitario galego”, Eva Solla

A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de preguntar ao Goberno sobre o peche de camas que, un verán máis, volveron repetirse en toda a xeografía galega. Segundo explicou Solla, a Xunta “se permite dicir que todo está ben, aínda que segue sen ofrecer información sobre o que acontece coa sanidade (peche de camas, non cobertura de profesionais…) nun verán no que volveu colapsar o sistema sanitario, provocando a morte dunha persoa no PAC da Estrada”, dixo.

“Non existe un criteiro homoxéneo á hora de pechar segundo que servizos. Eu pregúntome como pode ser que cada ano pechen uns diferentes, como os 18 berces que pecharon este verán en Santiago. Póñense os lactantes de Compostela menos enfermos durante o verán?”, preguntou.

“Non cubren especialidades como fisioterapia cando si hai profesionais disponibles. Un ano máis atopámonos con que non abren as plantas pechadas cando hai necesidade e cos doentes agolpados nos corredores, non se programan ciruxías e non sabemos cal é o criterio”, explicou.

“Señor conselleiro, sabe igual ca min a cantidade de xubilacións que se producirán nos próximos anos. Gustaríanos coñecer o seu plan para cubrir esas prazas, porque á vista dos feitos estamos moi preocupadas, xa que seguimos sen coñecer o plan a medio e longo prazo da Xunta para cubrir ausencias e dotar de persoal suficiente ao sistema sanitario galego”, rematou.

Ver a intervención dende:

Relacionados