Solidariedade cos expedientados

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que Gloria del Valle e Jesús Fernández demostraron que eles si querían intentar recuperar o patrimonio perdido no caso Someso ao igual que BNG e EU que votaron a favor da moción convencidos de que é necesario profundar na investigación, para intentar recuperar o patrimonio perdido e para que a veciñanza coñeza todo o acontecido, así como o nome das persoas que coas súas accións ou omisións propiciaron este pelotazo urbanístico. Non cabe dúbida que actitude adoptada por estes concelleiros do PSOE demostra a súa dignidade e valentía, así como que non todos os políticos son iguais, incluso no PSOE.

Esquerda Unida solidarízase cos concelleiros do PSOE coruñés expedientados por rexeitar que se agachasen responsabiidades no caso Someso como fixo o seu grupo municipal que amosou unha actitude hipócrita, xa que fala de “luz e taquígrafos” de cara á opinión pública, mentres non respalda cos seus votos profundar na investigación. Queda claro que a verdadeira pinza está formada por PP e PSOE na defensa dos intereses das grandes promotoras inmobiliarias, ocultando e impedindo sistematicamente que os responsables dos escándalos urbanísticos das últimas décadas respondan das súas tropelías co seu patrimonio.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a actitude do PSEO coruñés e un exemplo da vella política que en EU rexeitamos profundamente, baseada na falta de transparencia o corporaitivismo e o absolutismo de partido”.

César Santiso subliñou que “O PSOE está a demostrar día tras día que está obsoleto e afastado da cidadanía e por suposto non representa alternativa algunha ás políticas de devastación dos dereitos e liberdades das familias traballadoras que exerce o PP”.

 

 

Relacionados