Traballadoras de conservas CUCA

“Esiximos que a dirección da empresa aplique inmediatamente a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”, explicou a maiores Fajardo, “e repoña as obreiras nos sues postos da factoría de Vilaxoán”. Coa absoluta complicidade da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, a propiedade de Cuca fai que oitenta empregadas fichen cada día en Vilaxoán e viaxen logo a traballar a O Grove. “Isto é unha burla ao Estado de dereito. A compañía non aplica a legalidade e ademais acosa e persegue ás traballadores que se negan a aceptar esta situación”, engadiu.

Alternativa Galega de Esquerda estará presente na manifestación organizada polas vítimas do acoso patronal o vindeiro 12 de abril, en Vilagarcía de Arousa. “Rexistraremos iniciativas parlamentarias e faremos porque a voz das traballadoras de Cuca estea presente en Europa”, anunciou Juan Fajardo, para quen é “impresentábel” a actitude do Goberno galego neste conflito: “Só a complicidade da Xunta do PP explica que a dirección de Cuca se permita non aplicar a sentencia do Tribunal Superior”.

Relacionados