O Imposto de Actividades Económicas de Reganosa:431.938,81€ no ano 2010 quedando pendente de cobro o 2009.
O Sr. Alcalde dixo que coa construción de Reganosa, A Pedreira sería unha das zonas de Mugardos máis beneficiadas debido a os recursos económicos que esta xeneraría, e que unha gran parte deles se investiría en infraestruturas e servizos para a zona. A realidade, a día de hoxe, e que esas grandes inversións para A Pedreira “ni están ni se las espera”.
As grandes inversións que realiza o Goberno Municipal na Travesía da Pedreira.
Agora nos toca preguntar:
Estos parches son as grandes inversións das que falaba o Sr. Alcalde?
Non serían suficientes os máis de 7.000.000 € para asfaltar a Travesía de A Pedreira?
Estará castigando o Alcalde ós/ás veciñas/os da Pedreira pola súa posición contraria á Planta de Gas?
O certo é que o Sr. Alcalde non cumpleu a súa palabra e a Pedreira sigue a padecer unha planta de Gas da que non se beneficia.