Esquerda Unida considera que o Goberno Municipal ten que pór remate a situación de abandono e desinterese en relación coas condicións de traballo da plantilla dunha empresa concesionaria duns servizos públicos básicos para a nosa cidade.
Esquerda Unida lembra o ronsel de conflitos producidos pola actitude empresarial, conflitos acontecidos diante da pasividade do Goberno Municipal. Esquerda Unida esixe do Goberno un cambio radical para que faga valer o seu peso para que se garantan condicións de seguridade e traballo axeitadas e non arbitrarias e perigosas para as traballadoras e traballadores.
Esquerda Unida esixe do Goberno Municipal que corrixa a intención da empresa concesionaria de non proceder a corrixir as condicións de prestación do servizo, limitándose a pagar simplemente a multa. O Goberno Municipal non pode permitir que unha empresa concesionaria faga da súa capa un saio, prexudicando e cometendo infraccións contra os dereitos e a seguridade das traballadoras e traballadores.