Valoración paro xaneiro

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta do grave erro do goberno local que segue a apostar polo investimento no sector da construción cando o problema do paro non está no ladrillo e o formigón, senón no sector servizos que supón o 70% do desempregos totais, 17.138 persoas que están a vivir un drama. Neste sentido semella fundamental central a actividade económica en producir servizos a cidadanía en lugar de mercadorías que como ven sabemos hai moi pouca demanda de consumo debido a fonda crise económica e os recortes.

Esquerda Unida considera que cun incremento do desemprego 22,5 % dende a chegada ao poder, o Sr. Negreira o presenta un plan para reactivar a economía local ou presenta a súa dimisión. Porque o concello non pode manter a actual inacción neste sentido, con estas cifras o goberno local non se pode escudar en que non desenvolve un plan porque é un traballo transversal de todas as concelleiras, cando observamos que as partidas para turismo e economía e emprego tan so supón o 3% dos orzamentos, sen chegar a sumar 8 millóns dun total de 266 millóns. Así por exemplo cando é sabido que PEME, cooperativas e autónomos son  a base do noso tecido produtivo e os auténticos xeradores de emprego, tan so se presupostan 180.000 € para apoiar aos emprendedores.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “creemos que o drama familiar das máis de 4500 persoas desempregadas dende que negreira chegou a María Pita deberían ser motivo suficiente para que o goberno local abra un diálogo sincero acadar un pacto polo emprego e a reactivación económica local”. Algo que, polo de agora, o PP non ten intención de facer por moito que o seu voceiro pretenda facer ver o contrario á opinión pública. EU sempre desenvolveu unha oposición construtiva, por exemplo fai máis de medio ano avisamos de que se debido as erráticas medidas do goberno Rajoy (suba do IVE e a retirada da paga extra do Nadal aos funcionarios) o consumo deseincentivaríase nas campañas do Nadal e de rebaixas, afundindo ao pequeno comercio xa que moitos establecementos salvan o exercicio nestas campañas. Xa que logo, solicitamos que o goberno local desenvolvese unha avaliación do impacto destas medidas e un plan de choque ao tempo que presentamos diversas iniciativas plenarias. Mentres O PP deu a calada por resposta e nada fixo neste sentido e como resultado do esborralle do comercio de 1197 persoas que pasaron a engrosar as listas do paro en xaneiro, 1082 pertencen ao sector servizos, maioritariamente do comercio.

Relacionados