Verquido na Ría do Burgo

 

Un verquido que constitúe un ataque frontal ao patrimonio medioambiental e a economía produtiva bisbarra.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que ao tempo que se loitaba contra o desastre medioambienteal producíanse novos verquidos de augas fecais. Este feito paradigmático amosa a culpabilidade dos poderes públicos na situación da ría, logo de anos de incapacidade na súa coordinación para desenvolver as accións correctoras necesarias.

 

Esquerda Unida solicita unha solución integral para a ría do Burgo que inclúaa a súa inmediata rexeneración. O noso entorno natural e garante de calidade de vida a vez que un dos principais motores económicos, polo que non podemos permitir que queden impunes ditos feitos e non se solucione o problema da ría do Burgo rápida e eficazmente.

 

César Santiso, voceiro de EU-V, indicou “o vertido de queroseno ven a afondar na constante perda de postos de traballo no marisqueo derivada da inacción das administracións. Solidarizámonos co colectivo de mariscadores da Ría do Burgo  e brindámoslle, unha vez máis,o noso apoio e a nosa disposición para cantas accións consideren oportunas”.  

Relacionados