O futuro da universidade

Semella que esa premisa non funciona no noso Estado, así os continuos recortes en ensino están a hipotecar o noso futuro, arrastrándonos a máis absoluta ruína económica e a pobreza xeneralizada da poboación.

Esquerda unida considera que os recortes, o aumento das taxas, a falta dunha residencia universitaria pública e o elevado prezo do transporte público están a facer perigar a universidade coruñesa. Efectivamente A Coruña é a única cidade universitaria sen residencia pública e mentres a Xunta, primeiro anuncia a xestión externalizada da futura residencia e despois paraliza in eternum a súa construción, o goberno municipal da a calada por resposta e mira cara outro lado dando a costas a universidade e a mocidade. Por outra banda os prezos de alugueres en zonas que seña accesible un bus universitario roldan os 150 € por estudante e mes, ao que hai que engadir os gastos básicos de alimentación, auga, luz, teléfono, internet. Esta situación esta a desincentivar a moitos estudantes foráneos que finalmente deciden desenvolver os seus estudos noutras cidades con mellores e máis baratos servizos, xa que logo, máis preparadas para acollelos.  Por exemplo cidades como Vigo e Compostela con residencia universitaria, dispoñen de prezos de bus cunha redución do 50-60%, o que ven a supoñer un aforro semanal por estudante de entre 2 e 4 €.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”diante do alarmante dato de que o abandono de estudantes universitarios se incrementou nun 40% sobre anos anteriores na Universidade coruñesa, debe facer reflexionar ao goberno local e comezar a desenvolver actuacións conxuntas coa UDC”, lonxe de actuar o goberno local non so non colabora senón que obvia a Universidade nos proxectos de futuro, como Coruña Futura o Smart Citys onde a relega a un papel secundario. Por outra banda o Concello non cumpre nin coas súas obrigas, tan so hai que ver o penoso estado no que se atopan as estradas que conducen a Universidade, como as do campus de Elviña, cheas de focanchas, algunhas de 15-20 cms. Diante desta inacción a UDC vese obrigada a reparar estas estradas con fondos propios apesares de non ser da súa competencia.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno que medidas ten pensado tomar o goberno municipal en relación coa incapacidade económica de moitas familias traballadoras coruñesas que impide aos seus mozos e mozas acceder á universidade.

Relacionados